Naufraxios Galegos volve homenaxear a Baña Heim cun novo roteiro guiado
11:32 11/10/17
Roteiro Marítimo Histórico por Camelle homenaxe a Baña Heim publicado en papel
Nova cita en Camelle coa historia marítima costeira. A AC Naufraxios Galegos volve á bisbarra para artellar o II Roteiro Marítimo e Histórico por Camelle, en homenaxe a José Baña Heim. A cita será o sábado 14 de outubro a partir das 11:00h.
Unha viaxe guiada por Fernando Patricio Cortizo que nos descubrirá os tesouros históricos agochados tralos muros camelláns.
O roteiro guiado incluirá un xantar e un exemplar en papel do propio Roteiro feito no seu día polo devanceiro persoeiro. Poden reservar praza, por 20€, no 618 99 89 62 ou no Restaurante O Paella.
Novas relacionadas
- Outubro 2016: Camelle recupera o sentir dos náufragos e homenaxea a Baña Heim.
- Programa das II Conversas Atlánticas de Camelle 2016.
- A RLE pide unha rúa para Baña Heim na súa Camelle natal.
- Fernando Patricio Cortizo recupera os Naufraxios galegos do século XIX.
- Homenaxe ao Serpent 2015: Un mar de arte para lembrar os 125 anos do afundimento que nos cambio o nome.
- Malpica lembrou cun libro o 125 cabodano do naufraxio do Priam.
- Malpica recupera un regalo de Nadal de 1889.
- De pecios ou tesouros submariños.
- Os 500 naufraxios da Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).