Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O vertido de gasóleo na ría de Corcubión e os cursos Permex protagonizan a comisión de pesca do Parlamento

O vertido de gasóleo na ría de Corcubión e os cursos Permex protagonizan a comisión de pesca do Parlamento
Limpando-o-gasoil-das-augas-de-Quenxe A caldeira do CEIP Praia de Quenxe provocou no pasado mes de decembro un vertido de 3.000 litros de gasóleo na ría de Corcubión   Varios asuntos relacionados da Costa da Morte estiveron presentes na Comisión 8ª Pesca e Marisqueo que tivo lugar onte no Parlamento de Galicia. Por unha parte, o deputado do BNG - Xosé Luís Rivas, Mini - formulou unha pregunta sobre as consecuencias da vertedura de gasoil na ría de Corcubión procedente da caldeira do CEIP Praia Quenxe que tivo lugar durante a fin de semana dos días 16 e 18 de decembro. "A ría de Corcubión está exposta a continuados accidentes polas deficiencias no tratamento de depuración das augas que chegan ao mar", lembrou o parlamentario; polo que preguntou que medidas ten previstas o goberno contra estes episodios de contaminación. mini-vertigo-gasoleo-corcubion O parlamentario do BNG, Mini, foi o encargado de preguntar no Parlamento polos efectos do vertido de gasóleo na ría de Corcubión Na súa intervención, Rivas explicou que os propios mergulladores manifestaron as malas condicións das augas e o cheiro trala vertedura do gasóleo e reiterou que durante algúns días o aproveitamento de navalla, longueirón e moluscos bivalvos das subzonas nas praias de Cee e Corcubión viuse gravemente danado. Pola súa parte, a responsable do Instituto Tecnolóxico para o control do Medio Mariño - INTECMAR -, recoñeceu a vertedura de gasóleo e os seus efectos na ría de Corcubión. Tras dar conta dos efectivos empregados, tanto no mar como en terra, cualificou de “accidental” o vertido e asegurou que na actualidade Galiza conta con máis medios para facer fronte a este tipo de accidentes ao que o nacionalista respondeu, ironicamente, que a Xunta cando se produce un suceso parecido sempre presume dos efectivos sen embargo, “ só hai que mirar como están as nosas rías” para constatar o “alto nivel de contaminación que soportan”. Estes episodios, dixo, o deputado, “ afectan negativamente á calidade das augas e repercuten contra o desexable equilibrio ambiental das nosas rías”. Nepotismo nos cursos Permex Pola súa banda, o PSdeG alerta de "casos de nepotismo" nos cursos para a obtención de Permex en Camariñas despois da pregunta formulada polo deputado Julio Torrado na comisión 8ª Pesca e Marisqueo celebrada onte no Parlamento galego. O portavoz de Marisqueo socialistas acusa á Xunta de incumprir os requisitos de transparencia e igualdade de oportunidades. Durante a súa intervención, Torrado fixo un relatorio do perfil de boa parte dos admitidos no curso de Camariñas - coñecida o pasado 16 de xaneiro- que inclúe a unha concelleira do PP, ao marido dunha ex concelleira deste partido - actualmente directiva da confraría -, ao ex secretario xeral daquel partido en Camariñas, así como notorios militantes e persoas afíns activas en contra do alcalde. Advertiu que, ademais, algunhas destas persoas beneficiarias de praza nos cursos “poden non saber cómo coller un raño”, xa que segundo indican os socialistas, consta que máis dos convocados teñen valoracións de 0 en canto á formación específica en temas mariños. Esta situación resulta oportunamente compensada, sinala, polo máximo en tempo parados, formación académica ou por estar empadroados. Ante a situación exposta, Torrado denunciou que estes feito fan que os procesos de selección queden “en entredito tanto na transparencia da convocatoria como na igualdade de oportunidades de acceso e na eficacia do resultado”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios