Sufocado a tempo un incendio en Carnota

21:42 20/08/25
Parecía que se libraba a zona de Carnota da vaga de lumes que asolaga o país. Pero esta tarde de mércores saltaba a alarma por un pequeno conato na montaña, no Cubelo, parroquia de San Mamede.
Por sorte, o aviso foi moi rápido e puido ser controlado a tempo.