mércores. 27.08.2025
El tiempo

Rescatan unha persoa ferida que facía barranquismo nas pozas do río Xallas entre o encoro de Santa Uxía e a fervenza do Ézaro

Rescate no ezaro
Imaxes do rescate
Rescatan unha persoa ferida que facía barranquismo nas pozas do río Xallas entre o encoro de Santa Uxía e a fervenza do Ézaro

Foi durante moitos anos coñecida como unha zona ideal para facer barranquismo, pero dende que a fervenza se liberou en 2011 ao  verse obrigada Ferroatlántica a manter un caudal ecolóxico río abaixo do o encoro de Santa Uxía, a zona tornouse moito máis perigosa. 

Así, esta mañá de mércores 27 de agosto, unha persoa que podería estar practicando barranquismo tivo que ser rescatada arredor das 12:00h, tras sufrir unha lesión nunha perna, de maneira que non era capaz de andar. Ao ser unha zona de difícil acceso tivo que ser rescatada polo Pesca-II, da man de Salvamento Marítimo, se ben tamén estiveron preto o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Cee e á Garda Civil.

Comentarios