Multan a dous santiagueses por facer unha barbacoa na praia dos Muíños

A Comandancia da Garda Civil na Coruña propuxo sancionar a dous veciños de Santiago por incumprir as restricións de seguridade durante un período de máxima alerta por risco de incendios forestais. Apatrulla que realizaba un servizo preventivo de seguridade cidadá observou unha columna de fume preto da praia dos Muíños, na localidade de Muxía. Ao chegar, localizaron a dúas persoas facendo unha churrascada.
Os axentesc presentaron unha denuncia por unha presunta infracción grave da Lei 7/2012 de Montes de Galicia, obrigándoos a extinguir o lume. O valor económico destas infraccións oscila entre os 1.001 e o 1.000.000 de euros.
Lembran que nun contexto de risco extremo, o uso do lume incumprindo as prohibicións vixentes pon en perigo tanto o medio natural como a seguridade das persoas. E de feito fan un chamamento á colaboración cidadá. Se presencias algunha actividade ilegal que poida provocar un incendio, non dubides en contactar coa Garda Civil chamando ao 062.