xoves. 01.05.2025
El tiempo

O GALP continúa as súas Xornadas de Atención ás Confrarías por Malpica, Laxe e Caión

O GALP continúa as súas Xornadas de Atención ás Confrarías por Malpica, Laxe e Caión
Xornada de Atencion do GALP en Camelle Xornada de Atención do GALP en Camelle

Estiveron a semana pasada nas confrarías de Camelle, Cabana e Muxía. Esta semana o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Costa da Morte continúa coas Xornadas de Atención nas Confrarías e Agrupacións de Mariscadores, neste caso de Malpica, Laxe e Caión.

Nestas xornada o Equipo Técnico do GALP Costa da Morte atenderá particularmente a todas as persoas que estean interesadas en informarse das Axudas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, dirixidas principalmente a xente do mar, emprendedores, hostaleiros, sectores auxiliares da pesca e actividades vinculadas ao Mar e Litoral.

As Xornada de Atención que se levarán a cabo esta semana son:

  • Mércores 26, de 16:00 a 19:00 horas, na Confraría de Pescadores de Malpica, en Malpica de Bergantiños.
  • Xoves 27, de 10:00 a 13:00 horas, na Confraría de Pescadores de Laxe, en Laxe.
  • Venres 28, de 10:00 a 13:00 horas, na Confraría de Pescadores de Caión, en Caión – A Laracha.

O GALP Costa da Morte

O territorio do Galp Costa da Morte, comprende os Concellos de A Laracha, Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Laxe, Vimianzo, Camariñas e Muxía.

https://www.facebook.com/galp.costadamorte/videos/1742094825808084/  

Novas relacionadas

Fonte

  • GALP.

Comentarios