O Mar na Escola, escollido Mellor Proxecto de Promoción da vela pola Federación Galega


Levamos moitos anos destacando a grandeza do proxecto O Mar na Escola, Xogando con Vento. Que 400 nenos da Costa da Morte poidan achegarse ao mundo da vela dentro do programa educativo é unha das demostracións máis importantes da importancia vinculación da nosa bisbarra co Mar. Un programa que segue traspasando fronteiras, e que vén de recibir na recuperada Gala da Federación Galega de Vela o Premio ao Mellor Proxecto de Promoción da Vela do ano.
Unha gala celebrada o pasado venres na que estivo o rei emérito Juan Carlos, que tamén recibiu un galardón con toda a tripulación do seu Bribón. Entre todos os premiados, estaban os grandes responsables desta pioneira idea en Galicia, Noemí Bemúdez e Marcos Trillo, da empresa corcubionesa Cataventos Escola de Vela.
Dende 2004
”O Mar na Escola” iniciou a súa actividade no ano 2004, no CEIP Areal de Camariñas e aos poucos se foron sumando concellos e centros, atraídos por un xeito diferente de achegar aos nenos as materias de Coñecemento do Medio e educación Física, desde un punto de vista próximo. O programa está estruturado en dous grandes bloques. O primeiro vira ao redor da Observación da Contorna, e nel trátase do mar, os ventos, as mareas e a costa, ademais de nomenclatura náutica, rumbos e navegación a vela. O segundo, Coidado e Conservación do Medio Ambiente, favorece o achegamento dos alumnos á biodiversidade dos mares e os océanos. Para iso, a escola dispón de todos os medios técnicos necesarios.Novas relacionadas
- 2017: 400 nenos xogaron co vento co programa O Mar na Escola.
- 2017: O programa O Mar na Escola xa permitiu a centos de nenos saír ao mar.
- 2017: O Mar na Escola volve convertirse os deportes náuticos en libros lectivos.
- Abril 2016: O Mar xa está na escola.
- O Mar na Escola 2016: 400 nenos estudan o Mar na Escola, programa ao que se une Laxe.
- O Mar na Escola 2015: 300 rapaces puideron levar o mar ata as aulas co Mar na Escola.
- O Mar na Escola 2015: Os alumnos costeiros bótanse ao mar.
- O Mar na Escola 2014: A pioneira iniciativa O Mar na Escola pechou o curso pensando no que vén.
- O Mar na Escola 2014: Máis de 200 alumnos aprenderon sobre o Mar na Escola co pioneiro proxecto de Cataventos.
- O Mar na Escola 2014: O mar invade as aulas.
- O Mar na Escola 2014: Os peques de Camariñas xogan co vento nas aulas.
- O Mar na Escola 2014: 200 alumnos volverán disfrutar o mar dende a escola.
- O Mar na Escola 2013: Pequenos grumetes diplomados en mar.
- O Mar na Escola 2013: Máis de 130 escolares difrutaron un ano máis do Mar nas horas lectivas.
- O Mar na Escola 2012: Preto de 200 escolares xa son regatistas na Costa da Morte.
- O Mar na Escola 2012: 232 mozos de 6 centros escolares disfrutan do mar en horas lectivas.
- O Mar na Escola 2011: Os alumnos de Cee asaltan o mar a vela.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).