Venres. 19.04.2024
El tiempo

O novo peche da pescada indigna á pesca artesanal

O novo peche da pescada indigna á pesca artesanal
Pescada-Foto-Fresco y del mar Pescada-Foto-Fresco y del mar

Se fai poucos días o o BNG denunciaba como a Consellaría de Pesca e a Federación de Confraría de Galiza permanecían mudas ante a medida imposta por Madrid de establecer unha cota ridícula de 30 quilos por tripulante e día para a pesca da sardiña coa arte do xeito, agora o grupo da oposición pide a dimisión da conselleira Rosa Quintana ao comprobar que se ten decretado a prohibición de poder capturar pescada a partir do día 27 de agosto para as artes menores, volvendo poñer na picota á volanta e ao arrastre de litoral.

Unha medida que, consideran, “vai seguir contribuíndo a arruinar o maltreito sector, dado que o Goberno galego renuncia a exercer as súas propias competencias en augas interiores e a esixir o que ven sendo un clamor no sector, que a pesca artesanal non pode estar sometida a cota, dado que as súas propias características impide que se realicen grandes capturas”.

Lembran que “a pescada é a especie principal para determinadas artes como pode ser o arrastre, a volanta, o pincho, etc. pero complementaria para a pesca artesanal. Ademais, dende 2005 está sufrindo medidas de regulación por parte da UE, co obxectivo de reconstituír as poboacións de pescada nos próximos 10 anos. Pero a día de hoxe segue sen estar recuperado e a actividade cada vez está menos regulada, pois a caída dos últimos anos ronda o 20% cando a proposta inicial era de diminuír a 61%.

A redución de 98 barcos aos 43 actuais dá conta da dramática situación do sector, mentres Madrid asina un acordo pesqueiro con Portugal que lle permite a esta flota pescar nas nosas augas con maiores cotas, sen a obrigatoriedade de descansar a fin de semana e habendo lonxas como a de Ribeira que permanecen operativas o domingo para que poidan descargar e cando a nosa flota chega a porto se encontran co mercado saturado. “Así non é éstrano que na actualidade os nosos barcos sexan despezados e que con estas subvencións se compren barcos lusos sendo na actualidade un total de 22 embarcacións portuguesas de capital galego as que pescan no noso litoral con total permisibilidade”.

Dende o BNG denuncian así que “o Partido Popular mantén o seu modelo de aumentarlle as medidas de control e presión aos máis pequenos, a quen xa é incapaz de sobrevivir polos innumerables taxas e impostos que ten que soportar: faros e sinais, Marpol, salvamento,inspeccións, certificados, botiquíns, etc. Segmento que debemos de lembrar unha vez máis que é a flota que máis postos de traballo xera e a que reparte horizontalmente a riqueza. Aplicándolle as pequenas embarcacións unha nova volta de torca, agora impedíndolle capturar pescada, como no xeito a sardiña, no cerco o bocarte na zona Ixa, ou na prohibición de poder pescar raias, abadexo, linguado, etc. Como si a pesca artesanal fora responsable dun exceso de capturas e non exemplo de sostenibilidade e creación de emprego”.

Por todo isto, piden, unha vez máis, a dimisión da Conselleira do Mar, Rosa Quintana.

Comentarios