Sábado. 16.01.2021
El tiempo

O tráfico de embarcacións sobe nun 10% na Costa da Morte durante o mes de xullo

O tráfico de embarcacións sobe nun 10% na Costa da Morte durante o mes de xullo
embarcacions-costa-da-morte embarcacions-costa-da-morte O tráfico de embarcacións en tránsito na comarca de Costa da Morte rexistrou no pasado mes de xullo unha suba dun 10% interanual. Así o comunicou onte o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, nunha visita ao porto deportivo de Muxía, o máis destacado da zona nesta actividade. Durán Hermida explicou que, segundo os datos aportados polos propios xestores das instalacións náuticas, en total, durante o pasado mes de xullo, a Costa da Morte recibiu un total de 333 tránsitos. Destes, 175 recalaron no porto de Muxía e 158 no de Camariñas. Respecto ao porto de Muxía, o presidente de Portos subliñou a forte suba interanual acadada o mes pasado, que se situou neste porto nun 34%. Para Portos de Galicia, a captación de novos tránsitos é unha liña de traballo estrutural, tal como se recolle no Plan Estratéxico da Náutica Recreativa 2012-2020, que o ente público está a poñer en práctica. Para impulsar estas chegadas, estanse a desenvolver accións promocionais dos portos deportivos de Galicia a nivel nacional e internacional. Muros Pola súa banda, o porto de Muros situouse como líder entre os peiraos de titularidade autonómica na recepción de embarcacións en tránsito durante o pasado mes de xullo. O porto de Muros recibiu o mes pasado un total de 333 tránsitos, o que supón un incremento do 38% respecto ao mesmo mes de 2016, no que o porto de Muros foi tamén o líder de toda Galicia nesta actividade. Na ría de Muros-Noia tamén se rexistraron datos moi positivos no outro porto deportivo, o de Portosín, que recibiu en xullo 132 barcos, case un 70% máis que no mesmo período no ano anterior. Así, en total na ría de Muros-Noia recibíronse durante o pasado mes un total de 465 barcos, un 45% máis que o ano anterior. Fonte

comentarios