Martes. 28.01.2020
El tiempo

Os controis dos Gardacostas detectan 750 metros de aparellos de enmalle en Corcubión

Os controis dos Gardacostas detectan 750 metros de aparellos de enmalle en Corcubión
comiso-gardacostas Imaxe dun dos decomisos destes días A Costa da Morte foi estes días escenario de numerosos controis realizados por axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, nunha operación levada a cabo por todo o litoral galego. En total, os axentes requisaron case 10.000 metros de aparellos de enmalle, case 235 quilos de peixe e marisco e 119 artes de pesca. Na zona da Costa da Morte a operación saldouse co comiso de máis de 15 quilos de peixe e marisco e coa incautación de 13 aparellos e 800 metros de artes de enmalle. Unha das actuacións máis destacadas foi en Corcubión, onde se requisaron 750 metros de aparellos de enmalle e un quilo de melgachos e outro de sanmartiños. Na ría de Muros e Noia, as actuacións realizadas polos gardacostas saldáronse co comiso de máis de 74 quilos de marisco e peixe e coa incautación de 35 útiles e de 3.850 metros de aparellos de enmalle. A operación máis importante resultou co comiso dos 3.850 metros de aparellos de enmalle, de 28 quilos de peixe variado e oito quilos de boi.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/gardacostas-comisa-76-quilos-de-peixe-e-marisco-sen-identificar-na-zona/ “A Garda Civil intervén 257 kilos de marisco ilegal na bisbarra” — Que pasa na costa

Artigos para calafatear

Comentarios