xoves. 01.05.2025
El tiempo

Os Gardacostas requisan 258 quilos de centola en Camariñas

Os Gardacostas requisan 258 quilos de centola en Camariñas
Os gardacostas incautaron na zona do Ezaro uns 16 quilos de centola Centola requisada nun operativo en 2015

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron case 900 quilos de peixe e marisco en diversos controis realizados nos últimos días no litoral galego. Na Costa da Morte foi onde máis comisos se rexistraron. Alí os axentes requisaron máis de 410 quilos de especies e 286 aparellos de pesca. O operativo máis destacado foi en Camariñas e alí os inspectores da Xunta requisaron 258 quilos de centola, 16 de nécora e dous de santiaguiño.

Ademais na ría de Muros e Noia, incautaron case 160 quilos de marisco e cinco aparellos de pesca. O operativo máis importante foi en Portosín e alí os inspectores requisaron máis de 100 quilos de centola.

Novas relacionadas

Artigos para calafatear

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Consellería do Mar.

Comentarios