Os mariñeiros volven a casa pero a loita do cerco non acabou

13:15 15/01/16
[fbvideo link="https://www.facebook.com/pilar.aymara/videos/10208986538286341/" width="650" height="400" onlyvideo="1"]
Así de rotundo amosábase o alcalde de Camariñas a pasada mañá. Manuel Valeriano Alonso, PIchurri, ameaza con encerrarse a partir do luns que vén se non o recibe o presidente da Xunta para tratar de solventar os problemas dun sector como é o do cerco, tan importante en portos como o de Camariñas ou Malpica. Pichurri, conta co apoio de 35 alcaldes, que representan a uns 35 concellos (unhas 300.000 persoas) ondea situación dos cerqueiros segue a ser a principal preocupación.
Mentres, e tras varios meses acampados en San Caetano e un par de semanas durmindo nos Concellos de A Coruña, Bueu e Porto do Son, os mariñeiros volven as súas casas. Fano despois da reunión celebrada onte en Madrid co secretario xeral de pesca e os representantes do sector pesqueiro, e da que esperan novas frescas, mentres a patronal ACERGA xa se prepara para a asemblea desta tarde en Vigo.
Polo de pronto, os mariñeiros saben que o Ministerio di que “ata que Galicia non leve unha proposta consensuada polo 100% do sector non hai nada que facer.” Segundo a CIG, “o secretario xeral de Pesca falou claro e dixo que non vai haber modificacións do sistema de reparto das cotas. Din que hai dificultades porque o goberno está en funcións, mais o problema de fondo é o de sempre. Madrid escúdanse en que é a Xunta a que debe facer unha proposta consensuada co sector. E entón uns por outros e a casa sen barrer”.
Deste xeito, saben os cerqueiros galegos que “a proposta é "perdoar" a sobrepesca doutros anos (un 16% segue sen ser suficiente) e crear un pequeno colchón de 10.000 kg (que dan para un dia e medio) para os barcos que non teñen nada”. Po iso entenden que “agora non vale estar 120 nun lado e outros 20 nouto, temos que estar xuntos, ahora tocalle a conselleira unir o sector e consensuar unha proposta conxunta.
Veremos como é a evolución nestes días claves desta loita.
O Mestre Luis Davila co cerco

Novas relacionadas
- Novembro 2015:
- Balonmán: 8 de 8 e unha polo cerco:
- Novembro 2015: Camariñas tamén se move polo Cerco.
- Novembro 2015: O tecido político e deportivo de Malpica apoia o cerco galego.
- Setembro 2015: O Cerco tamén quixo reivindicar a súa loita pola cota da Anchoa en Camariñas.
- 2014: O sector pesqueiro da Costa da Morte apoia aos mariñeiros do Cerco.
- O mar costeiro acentúa a súa loita contra o arrastre.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).