Martes. 21.05.2019
El tiempo

Pescadores salvadoreños volven a Corcubión para intercambiar experiencias de pesca artesanal

Pescadores salvadoreños volven a Corcubión para intercambiar experiencias de pesca artesanal
Compartindo experiencias na Lonxa-Foto- Susana Alvite Pescadores de El Salvador compartindo experiencias na Lonxa de Corcubión en 2012-Foto- Susana Alvite

Como xa fixeran en 2015 e mais en 2012, unha expedición do sector pesqueiro artesanal de El Salvador visitan Galicia esta semana. Queren volver os pescadores centroamericanos pois aquelas dúas visitas demostraron ser moi valiosas en tanto que foron a base para iniciar o deseño dunha embarcación específica e adaptada para a pesca no Salvador, que non só é máis sustentable e permite uns mellores resultados, senón que tamén é máis segura e xera emprego xuvenil na escola taller na que se fabrica.

Unha visita para intercambiar experiencias e escoller as máis exportables ao seu contexto, dentro do proxecto de Cooperación Internacional de pesca sostible que as ONGD galegas Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) realizan no país centroamericano coa financiación da Xunta de Galicia.

Corcubión volverá ser unha das paradas da expedición, pois este sábado 17, Francisco Hirezi, alcalde do municipio salvadoreño de Zacatecoluca, Merlyn Urquilla, alumna dunha escola taller de fabricación de embarcacións e Manuel Antonio Martínez, presidente da cooperativa pesqueira Fecoopaz, compartirán unha xornada de convivencia coa Asociación de Armadores de Artes Menores de Corcubión, Asoar Armega.

Xa estiveron onte no Porto de Marín, e esta semana pasarán pola Illa de Arousa, Vigo, Bueu, Sanxenxo, Corcubión e Compostela. A comitiva visitará desde confrarías de pescadores, centros de formación profesional, centros de investigación acuícolas, até responsables políticos de xestión pesqueira.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-pescadores-da-costa-da-morte-volven-botar-redes-en-el-salvador/

Fonte

  • Asemblea de Cooperación pola Paz.
Comentarios