![Un-barco-de-pesca-artesanal-de-Corcubion-durante-unha-limpeza-da-Ria]()
Un barco de pesca artesanal de Corcubión
A Costa da Morte é un referente galego no que a pesca artesanal se refire. Por eso, o grupo Popular elixiu o porto de Fisterra para presentar onte unha iniciativa parlamentaria na que pedirá no Parlamento de Galicia que o goberno galego desenvolva o
plan de apoio á pesca costeira artesanal que, deseñado pola consellería do Mar, está dirixido á
mellorar a competitividade deste segmento de flota e as condicións de traballo dos seus profesionais. Así o deron a coñecer onte en Fisterra o voceiro do Mar do grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, acompañado do deputado Ambrosio Oróns e do portavoz municipal, Jose Manuel Traba.
A iniciativa parlamentaria busca aproveitar o abano de oportunidades que se abre cos novos recursos dispoñibles do
Fondo Europeo Marítimo e da Pesca - FEMP - que pode empregarse ata 2020 para financiar e impulsar as distintas accións propostas en beneficio desta flota.
Decálogo de medidas
Entre as medidas contempladas e citadas polos populares están seis aspectos, nos que os populares queren centrar as liñas mestas do futuro plan. A primeira delas busca
dar prioridade á flota costeira artesanal no acceso ás futuras axudas e subvencións, primando a este segmento nos procesos de concorrencia competitiva.
En segundo lugar, o grupo Popular pide a
posta en marcha dun plan de emprego, para promover e facilitar o relevo xeracional no ámbito da flota artesanal. Tamén se demanda
impulsar iniciativas de mellora da comercialización -con especial atención a produtos como o percebe, a navalla ou o ourizo e, en xeral do marisqueo -e de promoción, mellora da trazabilidade, información ao consumidor e apertura de novos mercados.
En cuarto lugar, a iniciativa do PPdeG insta á Xunta a
reactivar as instalacións de produción de semente de moluscos bivalvos, para incrementar a capacidade produtiva das zonas pouco produtivas ou improdutivas.Como quito punto, reclámase o
impulso das marcas de calidade e denominacións de orixe, partindo da positiva experiencia da marca PescadeRías, que desde a súa implantación logrou certificar millóns de quilos de produtos da pesca e o marisqueo capturados pola flota artesanal
E, finalmente, a achega de recursos para incorporar nos buques de pesca as reformas que se estimen precisas para mellorar a
eficacia enerxética, mellorar o valor engadido das capturas, mellorar as condicións de confortabilidade, hixiene e saúde, en definitiva, as condicións de traballo dos pescadores.
![Membros do grupo Popular presentaron onte en Fisterra a sua iniciativa parlamentaria]()
Membros do grupo Popular presentaron onte en Fisterra a sua iniciativa parlamentaria
O portavoz popular insistiu que “este non é un catálogo pechado, senón unha proposta que agora se somete á consideración do sector e dos grupos da oposición, de aí que levemos esta iniciativa ao Parlamento para propiciar o debate e que o plan proposto poida enriquecerse con novas achegas”. “Con todo, os seis puntos explicados forman xa parte do compromiso da Xunta na súa acción de goberno e suporán as liñas mestras do plan a executar”, aclarou Balseiro.
Balseiro lembrou que “falamos dun segmento da flota que, xunto co marisqueo a pé, ten en Galicia unha relevancia social e económica de primeira orde” e fixo referencia aos últimos datos oficiais nos que se recolle que
este sector representa o 85 por cento do total do número de buques, con entorno ás 3.871 unidades.
Novas relacionadas
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- PP