![Un amplo dispositivo rastrexou a zona da punta Nariga na procura do pescador desaparecido o domingo. Imaxe: Protección Civil Carballo]()
Un amplo dispositivo rastrexou a zona da punta Nariga na procura do pescador desaparecido o domingo. Imaxe: Protección Civil Carballo
Un amplo dispositivo reanudará esta mañá a partir das 9 da horas a procura por terra, mar e aire do
pescador de 54 anos desaparecido o pasado domingo nas costas de Malpica.
Durante todo o día de onte, numerosos efectivos - entre os que se encontraban dous helicópteros, varias embarcacións, membros da Garda Civil e de Protección Civil ademais de veciños e familiares do desaparecido - rastrexaron intensamente a zona centrandose nas proximidades da punta Nariga. No dispositivo de onte non se atoparon nin a mochila nin a cana do pescador.
Este veciño de Arteixo saíra o domingo pola mañá a pescar xunto cun compañeiro. Decidiron separarse e ir cada un polo seu lado quedando de verse a última hora da mañá. O agora desaparecido non acudiu ao lugar de encontro e foi nese momento cando se deu a voz de alarma.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Imaxe: Protección Civil de Carballo