Rescatado un pescador que caeu ao mar en Barizo
A tripulación dunha embarcación que faenaba polas proximidades de Barizo, en Malpica de Bergantiños, recolleu a pasada mañá a un home que se precipitou ao mar mentres pescaba con cana dende unha zona rochosa da parroquia malpicá. O pescador, consciente, con posibles síntomas de hipotermia e algunas mazaduras, foi trasladado pola mesma embarcación que o rescatou –a Arbeira- ao Porto de Barizo. Alí agarda unha ambulancia de Urxencias Médicas cuxo persoal médico determinará o estado de saúde do ferido.
A persoa que acompañaba ao pescador dou a voz de alerta ao 112 Galicia ás 12:20 horas de hoxe. A partir de aí, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias activou un operativo no que participou Salvamento Marítimo, o Servizo de Gardacostas de Galicia, o GES de Ponteceso, Protección Civil de Malpica e Garda Civil. Tamén foron informados os Bombeiros de Carballo, pero non chegaron a intervir.
Novas relacionadas
- 24-03-15: Dous pescadores falecen na praia de Soesto tras un accidente na súa gamela.
- 06-02-15: Aparece o corpo dunha muller nas rochas do Cabo Fisterra.
- 17-12-14: Un pequeno naufraxio en Camariñas dá conta da feracidade do mar.
- 16-12-14: Salvamento Marítimo consegue rescatar ao capitán dun remolcador preto do Cabo Vilán.
- Superando o primeiro temporal de mar.
- 13-12-14: Rescatados os tripulantes do Pesqueiro Camarón na ría de Muros.
- A do Vilán, a onda máis alta da historia.
- 07-01-14: O mar de fondo deixou estampas impresionantes na Costa da Morte.
- 09-09-14: As praias de Soesto e Laxe volveron colocar a Costa no centro do surf galego.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).