A RLNE non fallou a súa emotiva cita co Serpent
08:16 12/11/18
Homenaxe aos finados do Serpent no Cemiterio dos Ingleses
Retrasaba o Concello de Camariñas todas actividades culturais e gastronómicas con temática de naufraxios para a fin de semana que vén por mor do temporal. Pero non quixo a Real Liga Naval Española faltar á súa simbolica cita co Serpent.
A entidade leva dende 2007 achegándose ao cemiterio dos ingleses pase o pase metereolóxicamente cada 10 de novembro e este pasado sábado non foi menos.
Alí realizaron a tradicional ofrenda floral aos náufragos do Serpent e en extensión da Costa da Morte. Un acto cargado de emotividade pero ao que lle faltaron todas as actividades paralelas que o estaban convertindo nunha auténtica cita de referencia.
Participaron no acto a Real Liga Naval Española (RLNE), representada polo seu delegado provincial, Rafael Lema Mouzo, e polo seu socio Juan Campos Calvo Sotelo.
Por parte do Concello de Camariñas estivo a súa alcaldesa, Sandra Insua, e os concelleiros Sergio Caamaño, Juan Carlos Canosa, Maria José Gerpe e José Manuel Canosa, entre outras persoas.
A vindeira semana, tocará repetir!
NOVAS RELACIONADAS
https://quepasanacosta.gal/camarinas-aproveita-o-tiron-dos-naufraxios-cunha-fin-de-semana-cultural-e-gastronomica/
Novas das homenaxes ao Serpent
- Miro Villar: O naufraxio do HMS Serpent na novela Cadeas (Premio Xerais 2013) de Xabier López.
- Homenaxe ao Serpent 2016: O Serpent: Unha homenaxe singular nun espazo singular.
- Homenaxe ao Serpent 2015: Un mar de arte para lembrar os 125 anos do afundimento que nos cambio o nome.
- 2014: A embaixada Británica felicita aos organizadores do acto de homenaxe ao Serpent.
- Homenaxe ao Serpent 2014: A Costa da Morte non esquece o Serpent.
- Homenaxe ao Serpent 2013: Camariñas entregou as Flores da Memoria aos náufragos do Serpent.
- Homenaxe ao Serpent 2012: Violíns nocturnos para homenaxear o naufraxio do Serpent.
- Homenaxe ao Serpent 2011: Unha homenaxe ao Serpent desafiando o temporal.
- Homenaxe ao Serpent 2010: Unha ollada dende dentro á homenaxe polo 120 aniversario do Serpent .
- Homenaxe ao Serpent 2009: Sembrando os cimentos dunha homenaxe aos mortos do mar.
- Homenaxe ao Serpent 2008: O Cemiterio dos Ingleses acolleu unha romántica homenaxe aos mortos do mar.
- Homenaxe ao Serpent 2007: O pasado 10 de novembro celebrábase o 117 aniversario do naufraxio do Serpent.