![Poste caído en SAnta Comba polo temporal Felix-Foto-Jose Manuel Vazquez]()
Poste caído en SAnta Comba polo temporal Felix-Foto-Jose Manuel Vazquez
Non pasou tan potente como se lle esperaba. I é que a chegada da borrasca Félix chegou ata a provocar a suspensión das ligas federadas do Fútbol da Costa. E se ben non fixo grandes estragos, si que choveu e zoou o vento con moita forza. Con máis forza, nalgúns puntos, que en toda Galicia.
Así o determinan os números de Meteogalicia, que rexistraron os meirandes refachos de vento de toda a fin de semana en Fisterra (153 km/ durante o venres, 140km/h e durante o sábado, e 131 durante o domingo). Vimianzo igualou a cifra máis alta do país, cando a estación da Gándara rexistrou tamén refachos de 153 en Vimianzo durante o sábado. Lira tamén se meteu entres os postos altos, con 119,5 km/h durante o sábado e 129 durante o domingo.
Choveu en Santa Comba...
![Anegamentos polo temporal Felix en Santa Comba-Foto-Jose Manuel Vazquez]()
Anegamentos polo temporal Felix en Santa Comba-Foto-Jose Manuel Vazquez
En termos de chuvia, Santa Comba levou a palma. A estación de Fontecada reixstrou a 3ª “mellor marca” de toda Galicia, 54,8 litros por metro cadrado durante o domingo, e 48,9 durante o sábado. Carballo, con 25,20 l/m2 e Vimianzo, con 21,40, tamén estiveron nos valores extremos resaltados.
Tamén en Santa Comba, o día 8 tivo lugar un accidente
na ponte do río Xallas.
![Accidente en Santa Comba]()
Accidente en Santa Comba
Estas chuvias deixaron boas estampas en lugares como as fervezas de Castriz.
![Fervenzas de Castriz co temporal-Foto-Jose Manuel Vazquez]()
Fermosas as fervenzas de Castriz co temporal-Foto-Jose Manuel Vazquez
Forte mar
![Temporal de mar con Felix en Nemina-Foto-Sole]()
Temporal de mar con Felix en Nemiña e Lires-Foto-Sole
No mar as ondas que superaron os 8 metros de Fisterra cara o sur, aínda que zonas como Corme ou a punta da Barca metían medo. O temporal segue provocando o varamento de novos golfiños en Louro (
como a semana pasada) e tamén en Ponteceso.
![Golfinos varados na Hermida e en Ninons]()
Golfiños varados na Hermida e en Niñóns
![Golfinos varados en Louro-Fotos-Manuel Maria Candamo]()
Golfiños varados en Louro-Fotos-Manuel Maria Candamo
![Temporal Felix no Pindo-Foto-QUino Paus]()
Temporal Felix no Pindo-Foto-QUino Pais
![O mar do Pindo coa borrasca Felix-Foto-Quino Pais]()
O mar do Pindo coa borrasca Felix-Foto-Quino Pais
Numerosas incidencias
![Arbore caida en Santa Comba-Foto-Jose Manuel Vazquez]()
Árbore caída en Santa Comba-Foto-Jose Manuel Vazquez
Tanto os Bombeiros de Cee, como o GES de Muros, como os membros de Protección Civil da Comarca tiveron numerosas incidencias, como os membros de Santa Comba ou Muxía.
Os Bombeiros de Cee tiveron que proceder á retirada de varias árbores no lugar da Toxa, en Vimianzo, e na Ponte do Porto, Camariñas.
Por Muxía, os membros de Protección Civil e Policía Local tiveron que atender un total de 18 incidencias, o 80% dás incidencias se deberon a árbores caídas nas estradas, e 20% restante a coletores do lixo, e obstáculos desprazados nas estradas polo vento, todas as incidencias solucionadas sen maior complicación.
![Proteccion Civil Muxia reparando un canalon]()
Proteccion Civil Muxia reparando un canalón caído polo temporal Félix
Por Muros tamén houbo numerosas incidencias, como árbores caídas, corte de vías, anegamentos, tendido eléctrico… Contan os membros do GES a anécdota da fin de semana, cando un can caeu nunha piscina desorientado polo tempora, pero puido ser rescatado polo propietario, que tivo tamén que bañarse en piscina allea.
![GES de Muros retirando arbores]()
GES de Muros retirando árbores das estradas
Campanario
#Félix tamén tirou parte do campanario da igrexa nova de Baio
Carballo, un dos concellos máis afectados de Galicia
Carballo é un dos concellos con maior número de incidencias pola borrasca Félix segundo destaca a AXEGA.
Entre as accións, os Bombeiros de Carballo procederon a recoller uns cascotes que caeron dunha fachada á vía pública. Co traballo retiraron o resto da cornisa que tiña risco de caer noutro moment e colaboraron co SMPC na retirada dos cascotes que quedaran na beirarrúa. Non houbo danos persoais.
Máis novas de temporais
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)