Unha homenaxe, en papel, ás mariscadoras da Ría de Muros e Noia


Xa teñen libro as mariscadoras da ría de Muros e Noia. Gracias á historiadora muradá de Abelleira, Concepción Sande Noya, as traballadoras do mar convertíronse en protagonistas da publicación “Mariscadoras e campesiñas na ría de Muros”, editado polo GALP.


Este pasado luns a Fábrica de Sel acollía a presentación do libro, que servía ademais de homenaxeno Día Internacional das Mulleres Rurais.
Sande falou en clave persoal, contando a súa propia experiencia cando tivo que botarse ao mar despois de rematar a carreira de Xeografía e Historia. A escritora leva case 10 anos traballando no libro, falando e falando coas verdadeiras protagonistas, aquelas señoras que percorrían quilómetros en autoestop para poder ir faenar e levar algo que comer na mesa.
A presentación serviu, ademais de engrandecer o mito simbólico da imaxe destas bravas mulleres de mar, para corroborar a importancia social e económica na sociedade litoral galega ao longo do último século.