Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Unha limpeza moi acuícola da Illa do Castelo

Unha limpeza moi acuícola da Illa do Castelo
Equipo de Stolt Sea Farm que limpou a illa do Castelo Equipo de Stolt Sea Farm que limpou a illa do Castelo

Nova xornada de limpeza ambiental na comarca. Desta volta non foron os voluntarios dunha asociación medioambiental os que saíron ao coído, senón que foron unha ducia traballadores de Stolt Sea Farm, das instalacións que a empresa ten en Merexo, Muxía, os que adicaron unha xornada laboral a limpar o litoral Muxián.

A primeira fase, desenvolveuse este pasado mércores, e o equipo de limpeza recolleu uns 400 kg de lixo nos arredores da “Illa do Castelo” durante as 8 horas da xornada. A zona, coñecida pola beleza da súa costa e os restos arqueolóxicos alí atopados, cada tempada, énchese de plásticos e lixo. Pero dende onte fica un pouco máis limpa.

Aínda ten formulado a empresa acuícola, primeiro productor de Rodaballo do mundo, outra nova acción de limpeza, que serve ademais de xornada de convivencia do persoal de distintos equipos da compañía e dentro do compromiso que Stolt Sea Farm ten coa sostenibilidade e o coidado do medio ambente.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-esteiro-do-anllons-mais-limpo-gracias-aos-voluntarios-de-mar-de-fabula-e-as-pillaras-das-dunas/

Comentarios