Sábado. 20.04.2024
El tiempo

15.000 litros de leite ao chan contra o secuestro das industrias lácteas

15.000 litros de leite ao chan contra o secuestro das industrias lácteas
Gandeiros do Xallas tirando leite contra as Industrias

Simbólico e duro o acto que levaron a pasada mañá do sábado os gandeiros da comarca de Xallas en Mazaricos. Ducias de responsables de explotacións lácteas da zona (dos concellos de Mazaricos, Negreira, Santa Comba e Vimianzo), acompañados polo novo alcalde Juan José Blanco, achegáronse ata Mazaricos para espallar 15.000 litros de leite polos campos mazaricáns. Un acto de protesta ante a decisión da industria de deixarlles de recoller o leite e de tirar cos prezos até os 0,18 € por litro, por debaixo dos custos de produción. Fixérono convocados pola Organización de Produtores de Leche (OPL) e en solidariedade cos tres socios da organización aos que Leite Río lles vén de comunicar que a partir de mañá non lles recollerá o leite.

Gandeiros do Xallas en protesta contra as industrias leiteiras

A clave, a situación crítica que viven os gandeiros da comarca, os cales están sumidos “nun secuestro por parte das industrias lácteas”. Industrias que utilizan o leite, baixándolle o prezo por debaixo dos prezos de produción, como reclamo para conseguir máis clientes.
Exemplos de ofertas “regalamos 6 litros de leite por compras superiores a 10€” ou baixar o prezo do litro a 0,30€, que fan numerosos supermercados fan que o prezo do leite non chegue a cubrir os custes de produción, e con iso, impiden que as explotacións sexan rendibles.

Un problema xigante para toda Galicia e concretamente para a Costa da Morte, unha zona onde o sector gandeiro é fundamental. Por iso, estas accións lévanse na nosa zona.

Xuntanza a nivel comarcal

Xa demostraron os novos alcaldes de Mazaricos e Santa Comba a súa preocupación polo sector sendo este o tema da súa primeira xuntanza dende que chegaron ao poder. Pois as reunións a nivel comarcal continuaron esta fin de semana, cunha reunión organizada polos directivos da Organización de Produtores de Leite (OPL) cos alcaldes de Santa Comba, Mazaricos, Zas e Vimianzo.

O multiusos de Santa Comba acolleu esta cita para que os alcaldes escoitaran de primeira man, do presidente da OLP, Manuel Iglesias Agra, a dramática situación das explotacións da zona.

Os alcaldes tomaron boa nota e pensarán nunha estratexia conxunta.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios