domingo. 11.05.2025
El tiempo

160.000€ para arranxar estradas en Mazaricos

160.000€ para arranxar estradas en Mazaricos
Visita da Deputacion a Mazaricos

Poucas visitas institucionais recibe o Concello de Mazaricos das administracións superiores. Un Concello máis ben esquecido, e debido a isto a desconfianza na política faise cada vez mais grande. Así e todo parece que desta volta a visita da plana maior da Deputación trouxo cartos baixo o brazo. Cartos necesarios para as destrozadas estradas do Concello mazaricán.

O tema principal é unha inversión de 160.000 € (200.000€ será o investimento total unha vez que a Deputación aporta o 80%) para arranxar diversos núcleos do termo municipal mazaricán, obras que este ente está a realizar en Mazaricos (travesía de Picota, sendas peonais Pino de Val - Chacín e Picota - Sanfoga).

Con este investimento, que será aprobado o venres próximo polo pleno, poderase levar a cabo a pavimentación con asfalto e limpeza de cunetas no tramo desde Beba ao cruzamento de Bouzas; no tramo entre a estrada xeral e a Igrexa de Corzón; entre o tramo de Maroñas ao Cruzamento de Lamosa; e entre o tramo da estrada xeral á Corveira.

A comitiva lembrou as achegas da Deputación no último ano ao Concello: os 340.494,99 euros que Mazaricos recibiu este ano procedentes do Plan de Obras e Servizos ou os 303.412,68 a maiores que lle corresponderon a este municipio dentro do DTC94.
E falou da recente sinatura dun convenio co Concello de Mazaricos para a achega, por parte da Deputación, dun total de 60.000 euros destinados á adquisición dun tractor cortacéspede e agrícola para o mantemento das áreas verdes do municipio.

Así mesmo, no proceso de alonxamento dos servizos municipais, lembraron que a Deputación xa leva todo o relacionado coa recadación dos tributos e taxas municipais nos casos do IBI, o IAE, o IVTM, o rexistro catastral, a recadación das sancións de tráfico, a recollida de residuos, a entrada de vehículos, a ocupación da vía público e o aproveitamento do solo e o subsolo.

Novas relacioandas

Fonte

  • Deputación.

Comentarios