Venres. 19.04.2024
El tiempo

Albiscando o xuízo oral da Operación Orquesta

Albiscando o xuízo oral da Operación Orquesta
Pincha para ampliar e coñecer os primeiros imputados na Operación Orquesta

Pasaron 2 anos e 9 meses dende o comezo da Operación Orquesta. E pasaron xa 6 meses dende o cambio de xuíz. 6 meses sen novas da trama de corrupción máis mediática relacionada co mundo da poítica na Costa da Morte.

Ata estes días, xa que a Audiencia Provincial vén de rexeitar o recurso de 6 dos imputados, entre eles o alcalde de Mazaricos, Santos Maneiro, ou o de Corcubión, Lema Fuentes. O xuíz que tomou o relevo de Lago Louro á fronte do caso no Xulgado número 2 de Corcubión, Gonzalo Sans Besada, emitiu un auto a comezos de mes asegurando que hai feitos "suficientes" para manter a imputación.

Sans Besada apuntou no auto que os expedientes municipais, as listaxes de empresas que patrocinaron a festa da Fervenza, ou as contas da empresa Ogando, son probas suficientes para manter a imputación dos 26 acusados.

Deste xeito, e malia que aínda non está agotada a vía de recursos para os acusados, o día no que se teñan que sentar diante do xuíz. Aínda non hai datas, pero o xuízo oral está máis preto.

Máis información

Artigos relacionados

Novas da Operación Orquesta

Fonte

Comentarios