Venres. 04.10.2024
El tiempo

170 veciñ@s participan este curso nas actividades municipais descentralizadas de Mazaricos

ioga veran Mazaricos
170 veciñ@s participan este curso nas actividades municipais descentralizadas de Mazaricos

Gran participación da veciñanza de Mazaricos nas distintas actividades deportivas programadas para este curso. Ata 170 persoas ten colleitado o servizo municipal de Deportes de Mazaricos para participar nas clases Pilates, ioga, bádminton e tenis, englobadas dentro das Escolas Deportivas, como a ximnasia por parroquias. 

No caso das Escolas Deportivas, preto de 90 persoas están inscritas nas aulas ofertadas. En Pilates e ioga hai 28 participantes en cada actividade, e nas clases de bádminton e tenis hai unha trintena de persoas anotadas. Todas as actividades comezaron a impartirse durante esta semana, repartidas en diversas quendas e días. 

En canto á ximnasia por parroquias, un ano máis volverá celebrarse esta actividade descentralizada que permite á veciñanza achegarse á práctica da ximnasia independentemente do seu lugar de residencia. As sesións celebraranse ao longo da semana en Asenso (Chacín), Suevos (Coiro), as Maroñas, Arcos, San Cosme, Colúns, Eirón e a Picota (Mazaricos). Un total de 80 persoas participarán na actividade entre todas as parroquias. 

Comentarios