Venres. 03.05.2024
El tiempo

O #25N de Mazaricos chega en clave teatral

  • Teatro contra a violencia de xénero este domingo en Mazaricos coa obra “Ám@te” da asociación O Xeito
15N Mazaricos teatro Amate
O #25N de Mazaricos chega en clave teatral

O Concello de Mazaricos celebra o 25-N, Día Internacional pola Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, cunha programación con actividades enfocadas a distintas idades. O teatro e os obradoiros para a mocidade serán novamente ferramentas coas que visibilizar a situación das mulleres, o impacto da violencia de xénero e a nosa responsabilidade como sociedade para acadar unha igualdade real e rematar coa violencia contra a muller.

O domingo 26 de novembro, o grupo de teatro da asociación O Xeito representa a obra “Ám@te”. Trátase dunha reflexión sobre a nosa realidade e un convite a pensarmos e repensarmos como rematar coa violencia de xénero. Será ás 18:00 da tarde na Casa de Cultura na Picota. Cando remate a función, repartirase entre o público asistente material da campaña contra a violencia.

Durante toda esta semana, os centros de ensino mazaricáns están acollendo obradoiros de actividades para a mocidade onde se identifican e recoñecen actitudes e comportamentos relacionados coa violencia de xénero. 

Máis novas do 25N

Comentarios