A MZ lucíu en Asturias
08:45 06/06/16
Simpatiquísimo o Concurso de Muxido MZ en Vegadeo
Segue a MZ do Concello de Mazaricos espallándose polo mundo. Esta fin de semana o Concello leiteiro acudiu a 53 edición da "Feria de Muestras de Vegadeo" en Asturias, como convidado especial.
Pola mañá participaron nas charlas técnicas, pero a gran pegada da MZ quedou impresa nos asturiáns pola tarde. Quedaron impresionandos coa simpática iniciativa do Concurso de muxido, estreado na semana gandeira. Moitos cativos probaron as súas artes gandeiras, e moitos demostraron ser máis rápidos que o propio alcalde da localidade, César Álvarez Fernández que, cando menos, botou unhas risas co alcalde mazaricán, Juan José Blanco.
O alcalde de Vegadeo César Álvarez Fernández co mazaricán muxindoNovas relacionadas
Fonte
- Concello de Mazaricos.