A Poxa de Gando Frisón, a Cibeles do sector gandeiro galego
 
           Imaxe dunha Poxa de gando en Mazaricos
 Imaxe dunha Poxa de gando en Mazaricos
Xa chega esa completísima Semana Gandeira para darlle vida ao rural. Mazaricos convertirase na capital do sector gandeiro e leiteiro durante esta fin de semana. O ano pasado foron 2.000 persoas as que pasaron durante a fin de semana polo Recinto Feiral da Picota, e este ano pretenden superar esa cifra.
E unha das citas máis singulares do ambicioso programa para conseguilo é, sen dúbida, a IX Poxa de Gando Frisón.
Unha Poxa que tén como finalidade ”potenciar a comercialización de xovencas e primeirizas nadas e criadas en explotacións gandeiras de Control Leiteiro da provincia de A Coruña”. Gracias ademais á moi boa selección, debido a un gran traballo dos profesionais da Africor, prevese unha sesión ateigada de compradores de toda Galicia.
 
Durante a mañá do sábado 2 de decembro será o tempo da entrada dos animais e aloxamento na carpa anexa ao recinto feiral, para proceder pola tarde á exposición de xovencas.
A gran cita, a Poxa, será a partir das 11:00h do domingo 3, cando os exemplares desfilarán cal modelos por diante dos gandeiros amosando as súas mellores galas.
O ano pasado vendéronse os 18 animais que se presentaron, cun prezo máximo de 2.550€ (unha frosina da Gandeiria Sat. A Campa de Curtis) e un valor medio de 2.000€. Veremos como andan as cifras este ano.
 
Xornadas Técnicas
Ademais de todas as actividades para o público en xeral (actividades extraescolares, concurso de fotografía, de relato curto, de postre lácteo, exposicións…) as Xornadas Técnicas completarán o gran foco de atracción para profesionais do sector. A mañá do sábado será completísima.
Dende ás 10:45 e ata as 14:00h falarase de temas tan interesantes como as pautas necesarias para mellorar a calidade da leite (da man de Alejandra de la Barrera, do Grupo PS Vet DairyQuality S.L.). Tamén ser tratarán as claves para unha boa inseminación seguindo o pioneiro curso impartido hai unhas semanas (con dous veterinarios de Xénese).
 
Máis información
- Descarga o catálogo completo da Poxa da Semana Gandeira de Mazaricos 2017.
- Programa da Semana Gandeira 2017 de Mazaricos.
- Toda a información está dispoñible en www.semanagandeirademazaricos.gal.
Novas relacionadas
- Unha Semana Gandeira para darlle vida ao rural.
- Mazaricos armou un pioneiro curso de inseminación de vacas.
- Semana Gandeira 2016: A Semana Gandeira uniu a todo Mazaricos.
- Semana Gandeira 2015: MZ: A Gandeiría como forma de identidade.
- Semana Gandeira 2015: “Na semana gandeira de Mazaricos participamos todos”.
- Mazaricos crea a súa Asociación de Gandeiros
- Un concurso de fotografía do máis gandeiro
- Juan José Blanco: “O 90% de Mazaricos depende do sector gandeiro”
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
 
       
       
             
             
         
           
          