A tradición e a troula mesturáronse na Festa do Bolo do Pote de Mazaricos


Menuda xornada festiva a que vivíu Mazaricos este pasado domingo. Unhas 2.000 persoas achegáronse á Picota para disfrutar desta XIX edición da Festa do Bolo do Pote. Unha edición que viu marcada polo entroido, e que permitiu mesturar a tradición gastronómica do Bolo do Pote, coa tradición e a troula do Entroido.
Quedou pequena a carpa pois como recoñecen a Asociación de Amas de Casa e a Asociación de Veciños Monte Picoto, encargados da degustación desde a primeira edición, sinalan que serviron “máis racións que ningún ano” aínda que, din, “é complicado saber un número exacto”. Espectacular o traballo das Amas de Casa traballando arreo durante varios días para ter centos de racións deste manxar secular a punto para servir.
https://www.facebook.com/amasdecasamazaricos/videos/1260458630700471/ https://www.facebook.com/concello.demazaricos/videos/1373447842712248/Quedaron contentos tamén os hostaleiros da zona coas súas xornadas gastronómicas. Así, o presidente da Asociación de Hostaleiros, Jorge Jurjo, sinalou que “dos últimos anos este foi o mellor”. Nesta liña engadiu que “nós incluso tivemos que facer varias quendas de comidas”.
O toque festexeiro o puxeron o Exército dos Panos de Arcos fixo o seu último desfile deste ano con música e bailes tradicionais. A única pega púxoa a chuvia, que impediu que a verbena tivese tanto público como en anos anteriores.
https://www.facebook.com/concello.demazaricos/videos/1373453122711720/Máis imaxes





Novas relacionadas
- Xantar 2017: O Bolo do Pote triunfou no Xantar.
- Bolo do Pote 2016: 2000 racións de tradición gastronómica na Festa do Bolo do Pote de Mazaricos.
- Xantar 2016: Mazaricos triunfa no Salón Internacional de Turismo Gastronómico cos bolos do pote.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)