Venres. 29.03.2024
El tiempo

Aberta a gardería de Mazaricos, pertencente á rede Galiña Azul

Aberta a gardería de Mazaricos, pertencente á rede Galiña Azul
Inauguracion da Escola Infantil de Mazaricos

Os nenos e nenas matriculados na Escola Infantil de Mazaricos asisten hoxe por primeira vez ao centro en compañía das súas familias, con motivo da celebración dunha xornada de portas abertas, da nova escola infantil, que pertence á Rede de Escolas Infantís de Galicia A Galiña Azul.

<>É o primeiro centro da rede que abre as súas portas na comarca do Xallas, e o investimento da Xunta na obra e no equipamento acadou máis de 265.000 euros.

O novo centro infantil, situado na Picota, oferta dun total de 41 prazas e dispón de tres unidades que distribuirán aos cativos de 0 a 3 anos en aulas diferentes. Tras a xornada inaugural coas familias, o luns comezará a incorporación dos pequenos ás instalacións, que consistirá nun período de adaptación durante o cal o número de horas de asistencia á escola de cada neno se vai incrementando de maneira progresiva e de forma individualizada.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios