Martes. 07.05.2024
El tiempo

Achan o cráneo do home desaparecido o ano pasado en Mazaricos

Desaparecido Antonio Tunas Mazaricos
Achan o cráneo do home desaparecido o ano pasado en Mazaricos

Efectivos que traballan na investigación da desaparición de Antonio Tuñas, o veciño de Mazaricos ao que se lle perdeu a pista en decembro do ano pasado, confirmaron á familia que o cranio do home foi localizado nunha pista en  Gosolfre, Chacín, no límite de Mazaricos e o de Outes. Así se confirmou gracias a unhas probas de ADN

A investgación segue aberta, tendo en conta que vehículo do desaparecido fora achado pouco despois da desaparición en Carballo (A Coruña).

O 'PANDOLO'

Sobre este caso e se hai avances nunha investigación na que se estaría tratando de vincular a desaparición con 'Pandolo', un veciño do desaparecido con antecedentes e que gozaba dun permiso penal cando se produciu a desaparición, foi preguntado o delegado do Goberno, Pedro Branco, este venres.

Respecto diso, Branco ratificou que a investigación segue aberta e que non se descarta "ningunha hipótese" nin tampouco a vinculación con outros sucesos similares.

Comentarios