Adega e a Costa creará unha Plataforma para salvar o río Xallas

13:12 24/08/10
Avisabamos hai meses do perigo que corre un dos ríos máis emblemáticos da Costa da Morte. O río Xallas poderá albergar, se llo permitimos, ata 3 encoros máis de explotación hidroeléctrica, e unha nova ponte. Pero non toda a zona está dacordo con estas infraestruturas.
Para aportarnos un pouco máis de información, achégase á Costa a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, ADEGA. A entidade vai realizar unha charla informativa este venres, día 4 de xuño do 2010 no Salón de Actos do Concello de Cee ás 20:30h do serán. Dito acto ten por fin render conta da situación actual e dos plans de agresión previstos para as poucas zonas virxes que aínda quedan no curso do río Xallas.
Creación dunha Plataforma
Unha das ideas do acto é a da creación dunha Plataforma para a Defensa do río Xallas. Un xeito de unirse para formalizar unha resposta conxunta e organizada contra as administracións e as empresas que miran máis polo desenvolvemento económico que pola conservación do noso meirande tesouro, o noso patrimonio natural. Adega teno claro: “É máis custoso o prexuízo económico e ecolóxico da obra prevista que a rendabilidade económica que vai xerar”. En todo caso, o beneficio económico seráo só para uns poucos, mentres que os danos naturais os pagaremos todos.Aniquilando a flora e a fauna autóctonas
Infórmanos Adega sobre os novos proxectos de construción de “minicentrais eléctricas” da empresa de Villar Mir, Electra del Jallas están previstos fronte á paraxe natural da Carballeira de Anllares (na imaxe), única na comarca cun carballo autóctono, xunto con moitas outras especies de flora de interese. Do mesmo xeito, aquelas persoas que practican a pesca deportiva, como se puido comprobar fai un par de meses, nun concurso internacional de grande éxito, organizado polo concello de Dumbría, verían desaparecer o seu coto deportivo.Novas relacionadas
- Unha nova ponte no río Xallas.
- O recuncho da Costa (XXXVI): A devesa dos Anllares.
- O BNG pide á Xunta que salve o Xallas de novas explotacións hidroeléctricas.
- O BNG pide liberar o Xallas e os ríos galegos de máis encoros.
- O Xallas corre de novo perigo de sufrir máis centrais hidroeléctricas.
- 610.000 euros de inocencia.
- Dumbría, un exemplo de desenvolvemento “irrenovable”.
- A CIG pide que as fábricas de Ferroatlántica queden vencelladas á concesión hidroeléctrica.
- Denuncia cunha foto: A morte da fervenza.
- Un encoro sen auga e un río sen troitas.
Fonte
- Nota de prensa de ADEGA.