Dous traballadores feridos tras caer dun tellado en Ponte Olveira

21:45 07/10/25
Esta pasada tarde de martes 7 de outubro, dous operarios sufrían un accidente laboral ao caer dun tellado. O suceso acontecía en Ponte Olveira, no lado de Mazaricos, ás 17:30h. Os homes caeron dende unha altura duns 5 metros cando cortaban unhas chapas, segundo explicaron dende Urxencias Sanitarias de Galicia-06.
Un dos feridos tivo que ser evacuado en helicóptero porque non podía mover as pernas, mentres que o compañeiro puido ser trasladado en ambulancia por posible luxación, igualmente nas extremidades inferiores.
Ademais dos sanitarios, acodiron aos axentes da Garda Civil e aos membros do GES de Muros.