Venres. 18.10.2019
El tiempo

As ANPAS apúntanse á moda do Xadrez

As ANPAS apúntanse á moda do Xadrez
Santiago Pérez (á dereita) do Club Xadrez Cabo Touriñán, e un dos grandes culpables do auxe deste deporte na comarca, falando cos membros das ANPAS Santiago Pérez (á dereita) do Club Xadrez Cabo Touriñán, e un dos grandes culpables do auxe deste deporte na comarca, falando cos membros das ANPAS

Se o xadrez está en auxe xa o comprobamos, por exemplo, co Circuito Intercomarcal de Xadrez. A esta agradable moda únense este curso os membros da Federación de ANPAS Coruña-Costa da Morte, que acordaron na reunión do pasado venres 18 de agosto, comezar unha “liga de ANPAs”.

Unha Liga non competitiva que nace co obxectivo de fomentar o xadrez entre as crianzas en idade escolar.

Esta liga desenvolverase entre os meses de outubro e novembro (en principio serán os sábados pola tarde), a realizar en tres xornadas de tarde (o 21 ou 28 de outurbo en Ponteceso, o 4 de novembro en Carballo e o 18 de novembro en Mazaricos). As alumnas e alumnos só necesitarán saber previamente como colocar as pezas e os seus movementos no taboleiro.

Para complementar a metodoloxía lúdica, ao remate de cada xornada haberá unha pequena festa con aperitivos para todas e todos os participantes.

Inscricións:

As ANPAS interesadas poden inscribirse ata o 10 de outubro cubrindo este formulario ou falando coas Fedanpas.

En datas posteriores pódese participar, se é de interese das crianzas, en campionatos provinciais (xaneiro 2018), galego (marzo 2018), estatal (xuño 2018) ou mundial (novembro 2018, en Santiago de Compostela).

Novas relacionadas

Fonte

  • Fedanpas.

Comentarios