As Asociacións e a Muller, na Esencia de MZ
17:30 27/10/16
Segue recurerando a xente da Asociación Cultural Eu Son Mazaricos a Esencia da súa terra. Xa nos presentaron o proxecto e nos achegaron á súa cultura e os seus animais. Desta volta a entidade preséntanos os tesouros máis preciados: as súas xentes.
E faino cun vídeo sobre a Muller Mazaricá, e outro sobre as Asociacións
As Asociacións na Esencia de MZ
Facendo bo o lema de “a unión dun pobo é o que nos fai forte”. Para iso, a entidade vai percorrendo as asociacións a través dos seus responsables. Óscar Blanco, da Asociación de Gandeiros de Mazaricos; Sergio Oreiro, da Xuventude de Coiro; Vanesa Pereira, da Asociación Cabaleiros da Fervenza; Laura Prado, da Asociación de Amas de Casa; Sergio Casais, do Mazaricos CF; Manolo “Paxareiro” e José “O Ouleiro”, da Asociación de Veciños O Souto de Arcos; Jorje Jurjo, Asociación de Hostaleiros; Sandra Alvite, da Asociación Cultural de Antes; Juan A. Jurjo, da Asociación Cultural Perfecto Sande Martínez “Braña”; e como non Janet Martínez, presidenta da Asociación Cultural Eu Son Mazaricos.A Muller na Esencia de MZ
A alma de Galicia é a muller, e en clave de homenaxe á nai, avoa, amiga, irmá, compañeira, veciña, coidadora, loitadora, ama de casa, traballadora… vai este emotivo vídeo, cun poema de Manuel María nunha das falas máis fermosas do país:A Esencia de MZ
Máis novas
- De MZ a Baíñas: Regueifando con Fasido do Ribeiro.
- MZ, Marca Rexistrada.
- A MZ, xa nos mapas peninsular e europeo de turismo de autocaravanas.
- MZ: A Gandeiría como forma de identidade.
- El@s son Mazaricos: “Queremos que a MZ se coñeza en toda Galicia”
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).