Os callos de Carnés ao estilo mazaricán, as legumes de Coristanco e carne xalleira abren a presenza costeira no Madrid Fusion
Sen tempo para dixerir a Fitur, o sector turístico da comarca xa está a tope en Madrid Fusión. A feira, unha das citas gastronómica máis importantes do estado, xa probaron os callos de Carnés, e percoreron os tesouros do Camiño Fala, o hotel boutique que Fabián Mouzo e Lara Alvarellos coidan dende hai un ano en Mazaricos.
Os chefs costeiros acompañan á equipa da Deputación da Coruña, con varias demostracións gastronómicas incluídas unhas albóndegas de atún vermello en salsa verde. Na primeira das súas demostracións, as longa ringleira de persoas dispostas a probar o prato acabaron en poucos minutos coas racións dispoñíbeis.
Mouzo e Alvarellos reivindicaron a cociña tradicional, «de avoa», para tratar os «excelentes produtos» desta terra, ao tepmo que cualificaron a riqueza do Atlántico como unha auténtica despensa «de luxo».
Polo demais, o espazo expositivo do pavillón 14 de IFEMA do ente provincial mantense enmarcado na campaña ‘A paisaxe que sabe’. Os grandes protagonistas foron os produtos «de primeira calidade» da provincia, «tratados co máximo mimo e coñecementos por profesionais expertos», subliñou o vicepresidente, Xosé Regueira.
A xornada abriu coa presentación das Gallegas de Nata da Coruña e continuou coa Fabada Galaica de La Despensa D’Lujo de Coristanco, elaborada con compango de porco celta e acompañada, na súa suxestión de presentación, de pan de broa de millo corvo. Esta combinación serviu para achegar física e gastronomicamente dous alimentos tradicionalmente vinculados tamén no cultivo, xa que a planta da faba trepa polo millo.
Outro dos momentos destacados foi a presentación da ventresca de bonito do norte da Conserveira (Fafián, Ribeira), elaborada con manteiga de Galmesán (de Teiraboa, Arzúa).
Falouse de vño con Alejandro Paadín, e coa presentación e degustación dos produtos de Chichalovers, a empresa radicada en Santiago de Compostela que lle dá un paso máis á carne de Santa Comba.
A programación da Deputación da Coruña continuará o martes e o mércores con novas demostracións culinarias, relatorios e presentacións dentro da súa estratexia de promoción turística e económica baseada no produto, no talento profesional e no territorio.


