Descobren dúas novas mámoas en Mazaricos
15:21 20/06/17
A depresión do terreo identifica a mámoa do Panasco de Mazaricos
Novo achádego arqueolóxico na bisbarra. A arqueóloga do Concello de Mazaricos, Nina Alvela, vén de facer un descubrimento excepcional: dúas novas mámoas na zona do Panasco, preto da Picota. Unha vez enviadas a Patrimonio, onde xa quedaron catalogadas, a profesional explicou a un grupo de alumnado do C.E.I.P A Picota todo o relacionado co achado no propio lugar.
Unha das mámoas conserva intacto o con de profanación, é dicir, o sitio por onde se expoliaron os tesouros deste tipo de xacementos. Alvela explicou ao estudantado que estes monumentos funerarios están datados entre o 5.000 e o 3.000 a.C. Pertencen, polo tanto, ao Megalitismo, que se inicia a finais do Neolítico.
Alvela afirmou que “Mazaricos, debido á súa xeografía, por ser un altiplano, é un lugar onde abundan as necrópoles tumulares”. Exemplificou isto nas de Val, Porto do Coído ou Busto. Do mesmo xeito, Alvela referiuse á necrópole de Porto Coído como “un xacemento que é estudado a nivel europeo e do que podemos contemplar perfectamente o dolme da Parxubeira”.
Escolares da Picota descubriron a nova Mámoa do Panasco de Mazaricos da man de Ana Vilela
Estudo do Castro do Monte Aro
Murallas do castro, Mazaricos Ao mesmo tempo, o concello está a levar a cabo unha limpeza controlada do castro ubicado no Monte Aro. A propia Alvela é a que está a supervisar estas tarefas. “Non podemos usar cadeas e debe ser todo moi coidadoso, para non degradar a estrutura do castro”, explica. “O castro ten dúas murallas perfecta- mente identificables, e unha terceira, onde estaban as terrazas de cultivo”, sina- la. A arqueóloga data o castro “entre 0 600 a.C e o 300 d.C porque, tras iso, este tipo de construccións situáronse a máis baixa altura”. “Este lugar era un oppidum, é dicir, unha poboación importante, como unha cabeceira de comarca”, constata Alvela. A situación do castro fai que sexa o mellor ubicado da bisbarra do Xallas e un dos máis grandes da Costa da Morte. A profesional afirma que está “segura” de que aparecerán mostras e fragmentos cerámicos durante o estudo. O alcalde, Juan José Blanco Riveiro sostivo que “pretendemos poñer en valor o noso patrimonio e mellorar as condicións socioeconómicas da zona grazas a un turismo respectuoso e sostible”.Novas relacionadas
- Xaneiro 2017: As mámoas do polígono de Mazaricos, protagonistas do pleno.
Fonte
- Concello Mazaricos.