Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Escolares de Mazaricos e Zas levaron as súas demandas educativas na Cidade da Cultura polo Día da Infancia

CEIP Labarta Pose no Dia da Infancia
Rapazada do CEIP Labarta Pose no Día da Infancia
Escolares de Mazaricos e Zas levaron as súas demandas educativas na Cidade da Cultura polo Día da Infancia

Os rapaces dos CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos e Labarta Pose de Zasforon uns dos grandes protagonistas este luns dunha xornada celebrada na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. O alumnado costeiro presentou as súas conclusións dun proceso participativo convocado pola Plataforma de Organizacións de Infancia que este ano baixo o lema “Infancia e Pobreza”.

Así, co gallo Día Universal da Infancia, o programa serve para dar voz á infancia e adolescencia para que expresen as súas propostas, facendo uso da participación infantil como dereito fundamental. agruparon as súas proposta no ámbito da educación.

Co lema do acto “As nosas opinións importan”, os participantes agruparon as súas propostas en cinco ámbitos de actuación: bens de primeira necesidade, pobreza e infancia, ocio e cultura, educación e saúde.
Os costeiros, que estiveron entre os 200 nenos e nenas participantes (tamén estiveron os dos colexio Alborada (Coruña), Rosalía de Castro (Xinzo de Limia), Carmelitas (Ourense) e Fundación Down Compostela), centraron as súas reivindicacións no eido do ensino.

Tomaron boa nota os membros do Consello Galego de Participación Infantil de Adolescentes (CAIA), un órgano creado pola Xunta de Galicia para lle dar voz aos nenos, nenas e adolescentes da nosa comunidade,

O evento tivo tamén unha parte lúdica coas actuacións de Gallos del Norte, unha plataforma galega de freestyle que busca potenciar os cambios positivos na sociedade a través desta modalidade na que dous rapeiros improvisan sobre unha base instrumental de hip hop.

Comentarios