Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Fani Triana fala porque lle peta este domingo en Mazaricos

ESPECTACULO MAXIA Fani Triana MAZARICOS
Fani Triana fala porque lle peta este domingo en Mazaricos

A Casa de Cultura da Picota acollerá o domingo 17 de outubro o espectáculo de maxia e ilusionismo “Falo porque me peta”. A actuación, a cargo de Fani Triana, propón aos espectadores unha viaxe escénica, máxica e lingüística que percorre cada recanto do país amosando a realidade da nosa lingua. Dende a organización do espectáculo defíneno como “unha sucesión de sorpresas e abraios arredor da paixón polo galego”.

O espectáculo, de entrada libre, terá lugar a partir das 17h.

Comentarios