Venres. 26.04.2024
El tiempo

Fin de semana de tapas e troula en Mazaricos

Tapas en Mz
Fin de semana de tapas e troula en Mazaricos

A Ruta das Tapas 2021 de Mazaricos celebrarase entre o venres 3 e o sábado 4 de decembro. O Concello de Mazaricos volve convidar a toda a veciñanza e visitantes a desfrutar dos sabores de Mazaricos nos locais participantes. Nesta ocasión son oito os locais que colaboran coa ruta, con tapas a un prezo fixo de 2 €.
Os locais participantes son o Bar Alborada, Bar O Verxel, Bar Rial, Asador Manduca, Restaurante Efe-Eme, Campamento Corzón, Casa Jurjo e Casa Senra.

A tardiña do sábado contará tamén co atractivo da actuación de Festicultores Troupe. Un dos grupos máis festeiros e orixinais de Galicia volve á carga cun espectáculo que non deixará a ninguén indiferente. Será ás 20h no Campo da Feira (aínda que se chove, desprazarase o evento á Casa de Cultura).

Votación e premios

As persoas participantes contarán cunha credencial que poderán selar en cada local. Esta deberá introducirse ao finalizar a ruta nunha das urnas habilitadas. Nesta credencial asignaranse puntuacións ás tapas degustadas. Ao finalizar esta edición recontaranse os votos para decidir cal é a mellor tapa deste ano, e o local que a elaborase recibirá un diploma conmemorativo. Ademais, entre as persoas que voten deste xeito a súa tapa favorita sortearase unha cea para dúas persoas.

Festicultores en Mazaricos

Comentarios