Os Gandeiros de Mazaricos aprenden a usar a aplicación Conta Láctea
10:07 04/11/21
Este pasado xoves, os Gandeiros de Mazaricos acodiron a unha sesión informativa do director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, acompañado polo cabanés José Manuel Andrade, director da Fundación Juana de Vega. Unha xuntanza para explicar o funcionamento da nova aplicación “Conta Láctea”, pensada para calcular de xeito sinxelo os custos de producións en explotacións leiteiras.
A plicación está formulada para “mellorar a xestión económica das explotacións e tamén a capacidade negociadora dos gandeiros diante dos primeiros compradores de leite, sabendo concretar canto custa producir un litro de leite e a que prezo se pode vender.
O acceso a Conta Láctea pódese facer a través da web contalactea.gal.