Venres. 19.04.2024
El tiempo

Máis xente que nunca para zampar as 2.000 racións da Festa do Bolo do Pote

Máis xente que nunca para zampar as 2.000 racións da Festa do Bolo do Pote
Festa do Bolo do Pote de Mazaricos 2018-comendo “Este ano foi o que máis xente houbo de todos os últimos”. Así o aseguraron as bravas cociñeiras da Asociación de Amas de Casa de Mazaricos e os voluntarios da Asociación Monte Picoto, rgaizadores da XX edición da Festa do Bolo do Pote. Era un ano espceial, que 20 anos non se cumpren todos os días. E a xente non fallou, a carpa quedou pequena e o frío non disuadiu a ninguén. Ademais, os establecimentos hostaleiros estiveron ben cheos, ata o punto de que o presidente da Asociación de Hostaleiros, Jorge Jurjo tamén sinalou o “éxito” da convocatoria para os locais hostaleiros da vila. Festa do Bolo do Pote de Mazaricos 2018-Amas de casa cocinando A cociña botou fume. As voluntarias non pararon de cociñar, cortar, colocar e dispensar as “2000 racións de bolo”. Moitas das persoas asistentes declararon que o bolo estaba “delicioso” e moitos fixeron de novo a cola para poder degustar outra ración. O grupo de gaitas O Verán amenizou o convite e tras iso as persoas asistentes puideron escoitar á charanga Os Jalácticos. Festa do Bolo do Pote de Mazaricos 2018-Amas de casa As Amas de Casa Por outra banda, o Concello tamén acolleu unha concentración de coches minis. Foron 30 as unidades que a veciñanza puido contemplar. O gañador ao coche máis fermoso e coidado foi o de José Cacheiro que recolleu o premio de mans de Blanco. A votación levárona a cabo as persoas asistentes. Festa do Bolo do Pote de Mazaricos 2018-Minis

Novas do Bolo do Pote

Fonte

Comentarios