Sábado. 04.05.2024
El tiempo

O Concello abre unha canle de comunicación coa veciñanza a través da APP "Mazaricos Informa"

Mazaricos informa reunion
O Concello abre unha canle de comunicación coa veciñanza a través da APP "Mazaricos Informa"

O Concello de Mazaricos amplía as formas de comunicación coa veciñanza co lanzamento da pp de información Mazaricos Informa. Esta aplicación, dispoñible para descarga en teléfonos móbiles, publicará anuncios e alertas do Concello e permitirá que os usuarios se comuniquen coa institución.

Mazaricos Informa foi presentado na tarde do 10 de novembro nun acto aberto á veciñanza no que tamén tivo lugar un breve titorial de uso. Un nutrido grupo de veciñas e veciños asistiu a esta presentación na Casa do Concello.

A app Mazaricos Informa conta con varias seccións e funcionalidades entre as que se atopa unha axenda de eventos, comunicación de bandos e anuncios municipais, un directorio comercial e de teléfonos útiles do municipio e horarios de farmacias de garda e autobuses. Ademais, conta cunha sección na que as e os veciños poden informar ao Concello de incidencias, enviar suxestións ou dirixir dúbidas á Administración local.

O alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, salienta que esta nova app vén sumarse ás ferramentas de comunicación con que xa contaba o Concello, de forma que “as e os veciños de Mazaricos desfruten dun Concello máis accesible e cunha comunicación sinxela e directa”.

Comentarios