Xoves. 22.04.2021
El tiempo

Mazaricos amplía a partida para que o Plan Reactiva chegue a todas as pequenas empresas

concello Mazaricos copia
Mazaricos amplía a partida para que o Plan Reactiva chegue a todas as pequenas empresas
Coa intención de cubrir todas as peticións de autoó[email protected] e pequenas empresas, o Concello de Mazaricos aprobou o Plan Reactiva aumentando ademais a súa partida inicial. Aos 51.000 euros que aporta a Deputación, o Concello engadirá case 22.000 (8.000 máis que a partida inicial), en vista da boa acollida da iniciativa.
O PEL foi aprobado, xa que logo, de forma provisional na Xunta de Goberno que presidiu a tenente de alcalde Beatriz Alvite, quen valorou como “un esforzo importante” por parte do Concello esta achega a maiores. O obxectivo, sinalou, é axudar a compensar “a actual crise provocada pola COVID-19” con axudas por un valor de 73.000 euros. Estas chegan a un sector, o da economía local, que está a padecer esta situación de forma moi directa.

comentarios