Ismael Ramos fai historia e se convirte no primeiro escritor español en gañar o premio internacional O. Henry
O que non consiga este mazaricán no mundo da literatura. Ismael Ramos vén de gañar o Premio de relato curto “O. Henry 2026” convertíndose no primeiro autor do Estado español en gañar este galardón, un dos máis importantes a nivel internacional, que teñen premiado nomes como William Faulkner, Flannery O’Connor, Eudora Welty, John Cheever, Raymond Carver, Truman Capote ou Olga Tokarczuk.
O culpable é o seu conto “A lebre” (The Hare), do seu libro “A parte fácil” [Ed. Xerais, 2023], traducido directamente do gaelgo ao inglés por Jacob Rogers e publicado na revista “The Common”. Un relato que conta a historia de Raúl e Valeria a bordo un Renaul 19, atravesando as terras do Xallas.
Ramos lanza unha dedicatoria especial: “Desta vez o premio vai por Mazaricos e polos meus, polo fondo visgoso e brillante do encoro da Fervenza, polo Renault 19 de meus pais, que me viu medrar e no que entraba a auga”.
”Vai por unha lingua cuxos límites —sóubeno sempre— son a carreira infinita dunha lebre”, sinala en relación á nosa lingua. "Que orgullo ser do interior da Costa da Morte e levala polo mundo", recoñécenos!






