Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Mazaricos amplía rede da auga a traída

Mazaricos amplía rede da auga a traída
explotacion gandeira en Coluns Explotación gandeira en Colúns Necesaria tanto para as casas particulares como para as explotación agrícolas. De aí que o concello de Mazaricos aposte pola ampliación da rede de abastecemento municipal de auga. Nos dous últimos anos o Concello investiu 550.000€ en ampliar a rede para facer chegar á traída ao maior número de núcleos posible, permitindo que “quen a necesite, poida combinala coa traída propia da que xa dispón”. Colúns e Antes son as últimas parroquias que recibion as obras, pero tamén chegou a traída a Grille e a parte de San Cosme. A parte restante, Pazos e Xesto incluirase no vindeiro plan de obras da Deputación. Nas aldeas de Chacín, Vilariño, Foxas, Niñán, Liñares, Fírvado, Busto e Cives tamén se realizaron melloras e agora mesmo están a realizarse en Argueirón e Castrelo. Ademais, vanse colocar chaves de paso en Xunqueira para que no verán accedan á traída municipal e agardan que Eirón tamén poida facelo contra finais de ano. Outros proxectos en estudio son os da aldea de Vioxo e a Lago.

Fonte

  • Concello de Mazaricos.

Comentarios