Mazaricos instalará varios puntos de wifi gratis

01:15 07/12/19
15.000€ recibirá o Concello de Mazaricos do proxecto Europeo WiFi4EU para a instalación de varios puntos de wifi gratis polo termo municipal. Unhas axudas para garantir os obxectivos da Axenda Dixital, que indica que todo o cidadán europeo (algúns casos como os de Olveira non deben contar…) teñan acceso a unha rede de internet de calidade (un mínimo de 30Mbps).
O de Mazaricos é un dos 142 concellos españois que entra nesta convocatoria.
O Concello está estudando a día de hoxe onde instalar os puntos, e deberá mantelos activos durante un mínimo de 3 anos.
Novas relacionadas
- Outubro 2019: Mazaricos pasou un día enteiro sen internet.
- Setembro 19: Movistar esquece unha parroquia de Dumbría.