Martes. 19.03.2024
El tiempo

Mazaricos organiza un completo programa deportivo para os meses de verán

actividades deportivas de verán Mazaricos 2021
Mazaricos organiza un completo programa deportivo para os meses de verán

O departamento de Deportes do Concello de Mazaricos volve ofrecer un amplo abano de actividades deportivas para a veciñanza durante os meses de xullo e agosto. Como aconteceu o ano pasado, volverán adaptarse á situación epidemiolóxica ocasionada pola COVID-19 e celebraranse sempre atendendo aos protocolos sanitarios. As actividades deportivas concretaranse en cursos de natación, ioga, pádel, bádminton e piragüismo. Con excepción desta última, todas as actividades son gratuítas.

As inscricións para os cursos abriranse ás 11h do 22 de xuño no 649 86 43 93.

Todos os cursos comprenderán dúas clases por semana entre o 5 de xullo e o 27 de agosto. As de natación, na piscina municipal, están abertas á participación de maiores de cinco anos, en dous grupos de luns a xoves (10.30h a 13.30 h).

As clases de ioga terán lugar os martes e os xoves, estruturadas en dous grupos de adultos (11h a 12.15h e 20h a 21.15h) e un para rapazas e rapaces (18:30h-19:45h).

O de pádel, un curso tamén pensado para maiores de cinco anos, celebraranse dous días semanalmente entre os luns e os xoves de 10.30 a 13.30. Pola súa banda, as clases de bádminton, en dous grupos, terán lugar os luns e mércores de 19h a 20h (grupo 1) e 20h a 21h (grupo 2).

En canto aos cursos de piragüismo, as clases celebraranse os mércores e venres de 12 a 13.30h. Este curso ten un prezo de 25 euros.

Comentarios