Mazaricos prepara a súa semana máis gandeira
07:07 06/11/15
Durante toda a semana haberá diversas actividades dirixidas a todos os públicos
Do 23 ao 29 de novembro A Picota (Mazaricos) acolle a Semana Gandeira con distintas actividades que pretenden potenciar unha das principais actividades económicas do municipio e de boa parte da Costa da Morte. Os pratos fortes volverán ser as xornadas técnicas leiteiras e a poxa de xovencas de raza frisona, pero este ano vén cargada de novidades.
Ao longo de toda esa semana, os escolares visitarán varias explotacións gandeiras de Mazaricos e participarán nun concurso de debuxo relacionado coa gandeiría. Sobre esta mesma temática xirará un concurso de fotografía.
Xa durante a fin de semana, 28 e 29 de novembro, as actividades que se enmarcan dentro da Semana Gandeira ábrense ao resto do público. Así, o sábado desenvolveranse as "Xornadas técnicas do sector lácteo" e haberá outras citas cun carácter máis lúdico, tales como actividades de entretemento ou a entrega dos premios dos concursos de debuxo e de fotografía. A xornada rematará coa actuación do grupo De Vacas, que xa debutaron na Costa da Morte durante a I Muiñada de Vimianzo.
E o domingo, a Semana Gandeira chegará ao seu fin cunha "Poxa de xovencas de raza frisona" e co sorteo de máis de 1.500€ en premios.
Máis actividades
A Asociación "Eu Son Mazaricos" organizará unha serie de actividades culturais e de entretemento, coas que os visitantes poderán disfrutar durante a tarde do sábado no Pavillón Municipal. Ademais, xa poden participar no Concurso de Fotografía "Mozos e Maiores no Agro", enviando as imaxes por whatsapp ao 608 936 448 ata o 20 de novembro. Con este tipo de iniciativas, o concello de Mazaricos pon en valor o sector gandeiro e convértese nun referente dentro desta área para o resto da comarca. Ademais, son accións das que se beneficia o pequeno comercio xa que son un atractivo para visitar o municipio. Novas relacionadas- Isto si que é muiñada!
- O concello de Mazaricos tramita as axudas á liquidez de 56 explotacións gandeiras
- #AVaquiñapoloquevale: Mazaricos lidera as mobilizacións por un prezo mínimo do leite
- Máis de 5.000 tractores invadirán Santiago durante tres días.
- Os gandeiros saen a rúa en Santa Comba
- A Xunta critica as mobilizacións anunciadas polo sector lácteo
- “A asociación de gandeiros de Mazaricos nace pola necesidade de unión que ten este sector”
- Mazaricos crea a súa Asociación de Gandeiros
- 9 alcaldes da zona reúnense en Santa Comba para amosar o seu apoio unánime ó sector lácteo.
- Juan José Blanco: “O 90% de Mazaricos depende do sector gandeiro”.
- Ucha Velo: “Hai que ter claro que os veciños son sempre os teus xefes”.
- 06-07-15: 15.000 litros de leite ao chan contra o secuestro das industrias lácteas.
- 17-06-15: Os novos alcaldes de Mazaricos e Santa Comba moven ficha polo sector gandeiro.
- 28-04-15: 11 alcaldes da Costa da Morte asinan manifesto de apoio aos produtores de leite.
- Os gandeiros piden sancionar a quen venda leite por debaixo do prezo de mercado.
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Mazaricos