Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Mazaricos prepara o Bolo do Pote

Mazaricos prepara o Bolo do Pote
Festa do Bolo do Pote Mazaricos 2013

Xa está en marcha a XV edición da Festa do Bolo do Pote, unha das citas gastronómicasmáis suculentas do interior costeiro. A festa terá lugar na Picota os vindeiros 2 e 3 de marzo, e contará con degustacións de bolos na praza e verbena, o domingo a partir das 18:30h.

Durante o sábado 2 de Marzo, terán lugar comidas e ceas con cocido e ”bolo do pote” nos distintos establecementos hosteleros. A partir das 13:00 horas comezará a comida nos distintos establecementos hosteleros.
Pero a gran cita gastronómica será o domingo 3 de marzo. A xornada comezará ás 13:00 horas con demostracións e degustaciones dos Bolos do pote no Campo da Feira e en distintos establecementos hosteleros do lugar. Todo iso estará amenizado pola actuación dun Grupo de Gaitas.

Participan 7 locals na degustación e o menú Bolos do Pote, cocido con grelos, sobremesa, viño e café será de 15€.

Unha imaxe da festa gastronómica do bolo do pote do ano pasado

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios