Mazaricos rescata o templo de Santa Baia
O primeiro destes proxectos comprende unha serie de obras en vías municipais de todo o concello, distribuídas pola totalidade das doce parroquias que conforman Mazaricos. Unhas obras por mási de 600.000€, chave para a actividade con maquinaria agrícola, que se desenvolverán durante os meses de novembro e decembro por dúas empresas locais.
O segundo, e máis chamativo, son as obras de limpeza e consolidación do templo de Santa Baia (Chacín). Unhas obras en Santa Baia evitarán o deterioro deste conxunto patrimonial do século XVI que se atopa nun estado ruinoso.
O obxectivo do Concello é acondicionar a contorna para que sexa visitable por turistas e veciños, especialmente por atoparse alí soterrados familias e seres queridos da veciñanza do municipio. A intervención en Santa Baia tamén foi encargada a unha empresa local. O traballo comezará con carácter inmediato.